sábado, 1 de agosto de 2015

NOVO BLOG DA BIBLIOTECA

A partir do mes de xaneiro de 2015 empezamos a publicar no espazo da páxina web do centro. 
Pincha na imaxe para acceder ao novo blog da biblioteca ou no seguinte enlace
http://www.edu.xunta.es/centros/craamencer/blogdebiblioteca

http://www.edu.xunta.es/centros/craamencer/blogdebiblioteca

sábado, 21 de febrero de 2015

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Dende a nosa biblioteca queremos recordar a figura de Rosalía. O martes 24 de febreiro celebraremos o día de Rosalía.  Este ano escollemos o poema Rosalía pequeniña, do  libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane. 

LIM Xogando con Rosalía, da Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda

http://www.chiscos.net/xestor/chs/ninivarela/xogando_con_rosali_a/xogando_con_rosali_a.html

martes, 20 de enero de 2015

PROXECTO "OS PIRATAS"

Este trimestre imos buscar tesouros escondidos nas escolas do CRA Amencer,
 porque en piratas nos imos a converter.


https://www.dropbox.com/s/8n8tsmahd54ona5/PROXECTO%20EXIPTO%202014.notebook?dl=0

Esta actividade para a pizarra dixital foi elaborada a partir do material Canto sabemos! OS PIRATAS, do Proxecto Os camiños do saber da Editorial Santillana Obradoiro.

RESUMO DE ACTIVIDADES REALIZADAS POLA ESCOLA DE SAN PAIO

lunes, 12 de enero de 2015

"AS MENINAS" DE VELÁZQUEZ

Continuando coa pintura, este trimestre imos traballar o cadro das Meninas, de Velázquez.
A continuación tendes uns recursos para coñecer un pouquiño máis esta obra

SOBREVIVIR AS MENINAS


CONTO SOBRE AS MENINAS



EXPLICACION DAS MENINAS


AS TRES MELLIZAS, VELÁZQUEZ


AUDIOLOXÍA INFANTIL DO MUSEO DO PRADO

https://www.museodelprado.es/pradomedia/multimedia/la-familia-de-felipe-iv-o-las-meninas-velazquez/

viernes, 12 de diciembre de 2014

IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Na seguinte presentación podedes ver todas as postais que fixeron os nosos alumn@s para participar no concurso de postais de Nadal.

lunes, 24 de noviembre de 2014

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Coordinadora Galega Endl achéganos este material para traballar nas aulas a problemática da violencia de xénero a partir do libro "O Monstro" de Daniel  Martin, traducido ao galego e con actividades e recursos para Educación Infantil e Primaria, feito polo equipo de Convivencia do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo.





Tamén tedes o conto de "Arturo e Clementina" para traballar cos máis pequenos, unha recopilación de materiais realizada polo CEIP Calvo Sotelo de O Carballiño.

http://issuu.com/asuncioncabello/docs/la_historia_de_arturo_y_clementina/23?e=3549425/10270454


 



Este foi o resultado dos contos traballados

lunes, 17 de noviembre de 2014

25 ANIVERSARIO DA CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO

Hoxe son un neno
 Se ti non me sacas, ninguén me ve

Hoxe son un neno. Se ti non me sacas ninguén me ve, é unha iniciativa de ASEAF (Asociación das diferentes Comunidades Autónomas de familias acolledoras de menores) con motivo da celebración o próximo 20 de Novembro do 25º Aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno e o Día Universal dos Dereitos da Infancia. O obxectivo é dar visibilidade aos máis de 15.000 nenos que actualmente en España crecen en residencias, tutelados polas Comunidades Autónomas e esperando, na maioría dos casos, unha familia de acollida. Os nenos, como menores que son non teñen a capacidade de representarse a sí mesmos, por iso queremos que estén representados por nós os adultos para que a nosa sociedade coñeza esta realidade. Para este obxectivo  fas falta ti. Podes divulgalo e o  día 20 de Novembro dar visibilidade a un neno, para que na nosa sociedade non nos esquezamos deles.









Algúns dos traballos que fixeron os nosos alumnos no Taller de Rosalía