O mércores 30 de maio fomos ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro BICHARADA de Novacaixagalicia.
A historia é simple: Unha araña e unha formiga viven tranquilas na paz do seu recuncho. Ata que un día aparece un animal misterioso... un escaravello!
jueves, 31 de mayo de 2012
domingo, 27 de mayo de 2012
Concurso de MAPFRE
Estes son os contos cos que participamos no Concurso Nacional de Relatos "En otras palabras" da Fundación MAPFRE.
Os nen@s de 1º e 2º de primaria elaboraron os seus propios contos, co tema en común "Un día en el cole".
Tivemos dous contos, o de Aarón e Jesús, entre os 15 máis votodos de toda España. Aínda que ao final non puidemos conseguir o premio, estamos moi contentos con haber participado e chegar ata aí.

miércoles, 23 de mayo de 2012
CADERNOS DE NATUREZA
Os alumnos de Primaria da escola de Francelos estiveron elaborando coa axuda do profe Xan uns cadernos de natureza. Mirade que ben lles quedaron.
jueves, 17 de mayo de 2012
LETRAS GALEGAS 2012
PROGRAMACIÓN DA SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS
Desenvolverase do 9 ao 16 de maio de 2012
Adicada a Valentín Paz Andrade
Actividades previstas:
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Aquí podedes ver algún dos traballos que fixeron os nenos:
Desenvolverase do 9 ao 16 de maio de 2012
Adicada a Valentín Paz Andrade
Actividades previstas:
- Unidades Didácticas para infantil e primaria para coñecer a vida e obra deste autor.
- Festival de cine: sesións diarias de curtametraxes en galego.
- Propostas de rimas, pareados ... a partir do eslogan: "Móllate co galego".
- "Decoración libre" de chuvasqueiros a partir da actividade anterior.
- Elaboración e recitación de poesías.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Aquí podedes ver algún dos traballos que fixeron os nenos:
viernes, 11 de mayo de 2012
CONCURSO POESÍA
Aquí tendes as poesías coas que participamos no Concurso de Poesía Infantil organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia.
Trala resolución do Premio de Poesía Infantil que organizou a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia no mes de abril, dentro das actividades conmemorativas do mes do Libro, fíxosenos a entrega do premio , que foi para os alumn@s do C.R.A. Amencer. Entregáronnos un gran lote de libros infantis tanto en galego coma en castelán.
No seguinte enlace podedes ver as fotos.
Dende o equipo da biblioteca do C.R.A. AMENCER queremos agradecer a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia todas as actividades que realiza ao longo do curso escolar e nas que nós sempre intentamos participar. Tamén agradecerlles os lotes de libros que nos deron, tanto no Nadal como no mes do Libro, xa que nos axudan a incrementar os nosos fondos.
Moitas grazas a Teresa e a Beatriz.

jueves, 3 de mayo de 2012
3 MAIO: NOVOS DEBUXOS DAS MOCHILAS
Ola a tod@s, xa estamos chegando ao fin deste curso escolar e as mochilas deixarán de viaxar de casa en casa para facer as ledicias dos máis pequenos. Mentras tanto, aquí temos os debuxos de Julio e Héctor da escola de Francelos e o de Alba, da escola de San Paio, aos que lle tivemos que preparar outra mochila diferente, xa que quedaron encantados coa experiencia.
Destacar esta semana o comentario da nai de Alba, no que afirma que lle encantou a palabra CARAPUCHIÑA.
Moitas grazas aos comentarios que facedes, xa que nos permiten mellorar cada día e correxir os erros que poidamos ter.
Dende o equipo da biblioteca, queremos animarvos a que participedes nos maios de Leiro o día 13 deste mes. Esperamos que levedes os nen@s para poder cantar as coplas e conseguir algún premio.
Destacar esta semana o comentario da nai de Alba, no que afirma que lle encantou a palabra CARAPUCHIÑA.
Moitas grazas aos comentarios que facedes, xa que nos permiten mellorar cada día e correxir os erros que poidamos ter.
![]() |
FAMILIA ESTEVEZ TOUZA |
![]() |
FAMILIA RIVERA FERNANDEZ |
![]() |
FAMILIA RIVERA FERNÁNDEZ |
FAMILIA GONZALEZ RODRIGUEZ |
![]() |
FAMILIA RIVERA FERNÁNDEZ |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)