martes, 20 de mayo de 2014

RESUMO DE ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS

Primeiramente fixemos un concurso de debuxo co lema "Aliméntate do galego". Os gañadores, tanto de infantil como de primaria, terían o seu debuxo nunha chapa.


Tamén traballamos a Xosé María Díaz Castro coas unidades didácticas do Seminario Galán.


E o día 16 de maio fixemos a III Convivencia co CEIP Castrelo de Miño para festexar conxuntamente o Día das Letras Galegas. Nos seguintes videos podedes ver algunhas das actividades que alí fixemos.













Despois das diferentes recitacións elaboramos entre todos dúas alfombras florais, con todo o material que trouxeron os alumn@s de ambos centros educativos.


viernes, 16 de mayo de 2014

DÍA DA FAMILIA

O día 15 de maio celebramos o Día da Familia, e os nos@s alumn@s fixeron unhas canicas moi especiais.




domingo, 11 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS

- Desenvolverase do 12 ao 16 de maio de 2014.

- Este ano está adicado a Xosé María Díaz Castro.

- Actividades previstas:

- Videoconto da Familia Trebón adicado as Letras Galegas

http://player.vimeo.com/video/94450568


- Unidades didácticas (E.I e E.P.) para coñecer a vida e obra deste autor

-  Tiny Tap sobre Díaz Castro para Infantil

http://www.tinytap.it/games/g79y/play/


- LIMS DO SEMINARIO GALÁN
http://seminariogalan.org/inicio/ver/248

http://seminariogalan.org/inicio/ver/249

LIM DA BIBLIOTECA DO CEIP DE MALLÓN

https://dl.dropboxusercontent.com/u/60880342/letras%20galegas%202014/d%C3%ADazcastro%201%C2%BA%20ciclo/1_ociclo.html


-Canción do Folklore popular “A Santiago vou”




- Concurso de chapas sobre o lema “Aliméntate do galego”.

-  16 maio: convivencia co CEIP Castrelo de Miño para celebrar as Letras Galegas, onde realizaremos diversos talleres e recitacións.


viernes, 2 de mayo de 2014

RESUMO ACTIVIDADES MES DE ABRIL

O 23 de abril, Día Mundial do Libro, fixemos entrega dos agasallos que nos mandaron Bibliotecas Escolares de Galicia.





Tamén tivemos un contacontos por videoconferencia, unha compañeira do cole contounos o "GALO QUIRICO" a tod@s os nen@s das tres escolas:




O día 24 de abril asistimos ao Contacontos "Catalino Lino Lina" da compañía Glup Glup teatro na Casa da Cultura de Ribadavia, onde visitamos a exposición de Banda Deseñada e a sala infantil. Antes do contacontos fixemos dous obradoiros, no primeiro elaboramos o conto redondo do Galo Quirico e no segundo un marcapáxinas.


ABRIL 2014

Despois do Contacontos, fixemos a II Asentada pola lectura. Como o tempo non nos acompañou, tivemos que quedarnos na Casa da Cultura  e fixemos alí a asentada. Nos seguintes videos podedes ver alguns dos nenos lendo aos máis pequenos.



Fotos da II Asentada pola Lectura


Tamén tivemos exposición e intercambio dos libros preferidos dos nosos alumnos e sacamos os libros ao patio na hora do recreo.


Exposicion libros 2014 - Movie Maker

E entregamos os carnéts da Biblioteca Pública de Ribadavia aos alumnos de 3 anos