Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación,
preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración
do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de
outubro) e que chegará aos centros en datas próximas. Nesta ocasión, a
ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,
que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta
consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca
escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011)
domingo, 16 de septiembre de 2012
miércoles, 12 de septiembre de 2012
LA NUBE
Ola a tod@s, benvidos ao novo curso 2012-13.
Dende eiquí queremos informarvos dun novo proxecto no que nos vamos a formar todos os mestr@s do C.R.A.
Aquí vos deixo un adianto:
PROXECTO LA NUBE
Dende eiquí queremos informarvos dun novo proxecto no que nos vamos a formar todos os mestr@s do C.R.A.
Aquí vos deixo un adianto:
PROXECTO LA NUBE
martes, 11 de septiembre de 2012
CONTOS DE SEMPRE
Fomentemos a lectura, os contos...a imaxinación. Encontra nesta páxina contos de sempre, que poderás contar aos teus fill@s.
http://www.educapeques.com/ taller/ cuentos-clasicos-y-modernos
Fadas, princesas, duendes, valerosos guerreiros…¡Todos os teus amigos están esperando!..
Móvete polas páxinas do conto que máis che guste e verás qué
divertido é leelo mentras cho van contando. Xamais o poderás esquecer.
lunes, 3 de septiembre de 2012
FalaRedes 2012
Programación Setembro 2012
O programa de dinamización da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística FalaRedes levouse adiante en máis de 90 entidades locais. A actividade que se vai a desenvolver no mes de setembro é a seguinte:
Galego de cine. Unha pequena caravana percorrerá as localidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística proxectando curtas de animación en galego para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Estes terán ocasión de participar, posteriormente, nunha serie de actividades que lles permitirán ter un papel activo no seu achegamento ao cinema na nosa lingua. Os resultados deste traballo poden verse na canle de Youtube Galego de Cine. Cando finalice a viaxe da caravana polos concellos galegos farase un concurso no que se premiarán os mellores contos en galego contados ante a cámara por cada grupo de nenos e nenas participante na actividade. Cadaquén poderá votar polo seu favorito e os gañadores recibirán o libro-DVD O soldadiño de Chumbo.Calendario FalaRedes 2012
Galego de cine
Setembro
Setembro
01/09/2012. A Pobra de Brollón. Área Recreativa Sanugueiro, biblioteca. 16:30 h – 19:30 h
02/09/2012. Ribas de Sil. Praza Maior. 15:00 h – 18:00 h
07/09/2012. A Bola. Salón Baixo do Concello, biblioteca. 17.00 h – 20.00 h
08/09/2012. Celanova. Praza Maior. 11.00 h – 14.00 h
08/09/2012. Terra de Celanova. Quintela de Lairado, praza de San Pedro. 17.00 – 20.00 h
08/09/2012. Terra de Celanova. Quintela de Lairado, praza de San Pedro. 17.00 – 20.00 h
09/09/2012. Melón. Parque de Melón. 16:30 h – 19:30 h
14/09/2012. Avión. Centro Edificio Primaria. 17:00 h – 20:00 h
15/09/2012. San Cristovo de Cea. Enfronte do Edificio Multiúsos. 17.00 – 20.00 h
16/09/2012. Marín. 11:00 h – 14:00 h
16/09/2012. Vilaboa. Entrada Casa da Cultura. 17:00 h – 20:00 h
21/09/2012. Ponteareas. Praza Maior. 18:00 h – 21:00 h
22/09/2012. Carballedo. Praza do Concello. 17.00 h – 20.00 h
23/09/2012. A Lama. 17:00 h – 20:00 h
27/09/2012. Carral. Campo da Feira. 17:30 h – 20:30 h
30/09/2012. Xove. Praza Centro Cívico. 10:30 h – 13:30 h
30/09/2012. Cee. Praza 8 de Marzo. 17:00 h – 20:00 h
Suscribirse a:
Entradas (Atom)