O equipo da biblioteca do IES SAN PAIO dedicou en novembro de 2011 unha entrada no seu espazo web a figura de José Luis Sampedro coincidindo coa concesión do Premio Nacional das
Letras; agora (ao coñecer a triste nova do seu pasamento) fixo unha
nova entrada enlazando coa vella e prestando especial atención a tres
textos ilustrativos do compromiso do difunto co mundo da lectura, dos
libros e das bibliotecas; ler e reflexionar sobre estes paradigmáticos
textos poder ser unha maneira de homenaxear ao seu autor e facelo
presente nas nosas bibliotecas. José Luis Sampedro xa está do outro lado
da fronteira, neste lado quedaron os seus escritos, aproveitémolos!
Saúdos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario