sábado, 7 de septiembre de 2013

PETER PUNK

“Peter Punk” (o espectáculo de novo circo e teatro de rúa enfocado a dinamizar o uso do galego nas festas locais) actuará o domingo 8 de setembro en Ribadavia, cunha sesión ás 13:00 horas na Praza Maior, dentro do programa das Festas do Portal (se chove, o espectáculo celebrarase na Casa da Cultura).

 Durante os 50 minutos de función, o actor Isaac Rodríguez fará partícipes a todos os asistentes das sorpresas que enchen a súa maleta. Bólas, mazas, aros e ata fachos de lume voarán entre as mans do polifacético artista, que ademais de malabares, sorprenderá ao público executando incribles números de globoflexia. Porén, a verdadeira protagonista da sesión é a lingua e o humor retranqueiro, pensados para ofrecer un bo momento de lecer en galego durante as festas locais dos concellos aos que chega. As reviravoltas lingüísticas e as brincadeiras serán constantes durante a representación, orientada a presentar a lingua como parte fundamental da vida dos galegos e galegas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario