Con motivo do Dia da Biblioteca, mañan, 24 de outubro, a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia celebrará tamén o 50 aniversario da súa creación Dentro do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, terán un contacontos apoiado da técnica de luces e sombras, da man de Sherezade Bardají, titulado “Onde viven os monstros”, baseado no libro do mesmo nome do escritor Maurice Sendak, que é un conto clásico infantil que supuso unha revolución no mundo da literatura infantil. Ao rematar o espectáculo farán un sorteo de libros e algunha que outra sorpresa. Este contacontos será as 17:00 h no auditorio da Casa da Cultura. Para nenos de mais de 3 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario