viernes, 2 de mayo de 2014

RESUMO ACTIVIDADES MES DE ABRIL

O 23 de abril, Día Mundial do Libro, fixemos entrega dos agasallos que nos mandaron Bibliotecas Escolares de Galicia.





Tamén tivemos un contacontos por videoconferencia, unha compañeira do cole contounos o "GALO QUIRICO" a tod@s os nen@s das tres escolas:




O día 24 de abril asistimos ao Contacontos "Catalino Lino Lina" da compañía Glup Glup teatro na Casa da Cultura de Ribadavia, onde visitamos a exposición de Banda Deseñada e a sala infantil. Antes do contacontos fixemos dous obradoiros, no primeiro elaboramos o conto redondo do Galo Quirico e no segundo un marcapáxinas.


ABRIL 2014

Despois do Contacontos, fixemos a II Asentada pola lectura. Como o tempo non nos acompañou, tivemos que quedarnos na Casa da Cultura  e fixemos alí a asentada. Nos seguintes videos podedes ver alguns dos nenos lendo aos máis pequenos.



Fotos da II Asentada pola Lectura


Tamén tivemos exposición e intercambio dos libros preferidos dos nosos alumnos e sacamos os libros ao patio na hora do recreo.


Exposicion libros 2014 - Movie Maker

E entregamos os carnéts da Biblioteca Pública de Ribadavia aos alumnos de 3 anos

No hay comentarios:

Publicar un comentario