lunes, 17 de noviembre de 2014

25 ANIVERSARIO DA CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO

Hoxe son un neno
 Se ti non me sacas, ninguén me ve

Hoxe son un neno. Se ti non me sacas ninguén me ve, é unha iniciativa de ASEAF (Asociación das diferentes Comunidades Autónomas de familias acolledoras de menores) con motivo da celebración o próximo 20 de Novembro do 25º Aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno e o Día Universal dos Dereitos da Infancia. O obxectivo é dar visibilidade aos máis de 15.000 nenos que actualmente en España crecen en residencias, tutelados polas Comunidades Autónomas e esperando, na maioría dos casos, unha familia de acollida. Os nenos, como menores que son non teñen a capacidade de representarse a sí mesmos, por iso queremos que estén representados por nós os adultos para que a nosa sociedade coñeza esta realidade. Para este obxectivo  fas falta ti. Podes divulgalo e o  día 20 de Novembro dar visibilidade a un neno, para que na nosa sociedade non nos esquezamos deles.









Algúns dos traballos que fixeron os nosos alumnos no Taller de Rosalía


No hay comentarios:

Publicar un comentario